Escoitar

Inicio do programa "Camiña e coñece" de difusión do patrimonio cultural da cidade

O domingo, día 15, iniciase o programa de actividades "Camiña e Coñece" co fin de difundir o patrimonio cultural do Concello a través de itinerarios guiados e que veñen de presentar os concelleiros de Cultura e Animació Sociocultural,Xesús López; Deportes, Xabier Alonso e Patrimonio Histórico, Elena Maure.<br />

venres, 13 xul 2007
1184328683andar.jpg
A primeira das actividades desenvolverase no Centro de Vigo, particularmente no Casco Vello, para estenderse a outros lugares de interese do termo municipal.

A oferta do programa pretende difundir o patrimonio cultural do Concello de Vigo a través de itinerarios guiados, á vez que se fomentan hábitos saudables e deportivos, de práctica sinxela e extensiva ao conxunto da poboación (camiñar, andar en bicicleta, etc.); tamén se procura que a cidadanía participe en accións cívicas e de socialización, especialmente as vencelladas á identidade coa cidade e co municipio. As actividades son de participación libre, gratuíta, sen inscrición previa, aberta a persoas de tódalas idades.

Actividades do domingo, 15 de xullo: Casco Histórico e Centro de Vigo

Inicio.- 10,00 h na praza do Berbés (punto de encontro).
Remate.- 12,30 h na praza de Compostela.
Explicacións do itinerario.- Xosé Ramón Iglesias, especialista en Historia e membro do Instituto de Estudios Vigueses.
Itinerario.- praza do Berbés, rúa Real, praza de Almeida, igrexa de Santa María (colexiata) e rúas próximas, A Pedra, praza da Constitución e rúas próximas, praza da Princesa, Porta do Sol, Prínicpe e Policarpo Sanz, rúa Reconquista e Praza de Compostela. Prestarase unha atención detallada aos seguintes elementos do percorrido: orixe e evolución da cidade histórica, arquitectura popular do Berbés, a cidade amurallada, edificacións (Colexiata, casa Bárcena, antigo Concello, Biblioteca Central).
Duración: 150 mi.

Actividade lúdico-deportiva
Circuíto para bicicletas na Praza de Compostela (Praza de Compostela, Concepción Arenal, Praza de Compostela, García Olloqui).
De 11,30 a 13,30 h.

Concerto de banda de Música
13,00 h. nos xardíns da Praza de Compostela.
Unión Musical de Cabral
1184328683andar.jpg
1184328702caminaeconece.jpg
Descargar todas as imaxes