Escoitar

O presidente do Goberno de España presentou en Vigo o balance en I+D+i

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, presidiu hoxe no porto de Vigo o acto de conmemoración dos "Dous anos de Ingenio 2010", a estratexia de I+D+i do Goberno. O presidente que foi recibido polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e estivo acompañado pola vicepresidenta primeira do Goberno, os ministros de Educación e Ciencia, Industria, Turismo e Comercio, Administracións Públicas, Sanidade e Consumo, Vivenda , do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e conselleiros do goberno de Galicia.

xoves, 12 xul 2007
1184248358zapaterofotofamilia.jpg
Na súa intervención , o Presidente do Goberno realizou un balance das actuacións en materia de I+D+i nos últimos anos e anunciou dez compromisos nesa área que se levarán a cabo antes de rematar a lexislatura, entre os que destaca o comezo da construcción de "Ingenio, primeiro satélite de observación da Terra de tecnoloxía integramente española.

Pola súa parte o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, recoñeceu o apoio do Goberno español nos proxectos tecnolóxicos da Xunta, como a Unidade de Tecnoloxía Mariña, que formará parte do proxecto do Centro Atlántico de Investigacións Mariñas, coñecido como A Cidade do Mar que estará emprazado na cidade de Vigo.

A estancia en Vigo do presidente do Goberno complementouse cunha visita ó buque oceanográfico "Sarmiento de Gamboa", considerado como unha gran instalación científica e o principal proxecto de investigación oceanográfica de España e un dos máis importantes de Europa.

Previamente, o presidente de Construcciones Navales Freire, estaleiro vigués no que se construíu o barco, entregou o buque ao armador, Carlos Martínez, que o recibiu en calidade de presidente do Consejo
Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), organismo encargado da súa xestión científica. O buque foi financiado conxuntamente polo Ministerio de Educación e Ciencia, Xunta de Galicia e CSIC.

O "Sarmiento de Gamboa" está dotado co máis moderna tecnoloxía para cubrir os diferentes ámbitos de investigación que van desde a circulación oceánica global, a biodiversidade e investigación pesqueira, ata os grandes retos científicos que preocupan á sociedade actual como o cambio climático ou a explotación dos fondos oceánicos.
1184248358zapaterofotofamilia.jpg
1184248463sarmiento.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información