Vigo cidade candidata aos Mundiais de Hockey sobre patíns
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xavier Alonso, acompañados polo presidente do club Vigo Stick, informaron hoxe mércores no Concello da candidatura de Vigo para a celebración do Mundial 2009 de Hockey sobre patíns.
O tenente de alcalde recordou esta mañá a importancia que ten o ano 2009 para Vigo, xa que se celebrará o bicentenario da cidade. Neste contexto anunciou que vai facer un traballo de escaparate internacional onde Vigo se presentará como candidata para a celebración do Mundial 2009 de Hockey sobre patíns.
Santi Domínguez está seguro de que esta actividade atraerá a xente de todas partes do mundo, sobre todo do noso país veciño, Portugal, e vai a ser un acontecemento que enriqueza á cidade en todos os sentidos. Tamén sabe que Vigo ten que competir con cidades moi importantes, como poden ser Madrid ou Alicante, pero non lle asusta porque cre que temos a mellor cidade, xa que conta con todos os compoñentes necesarios para poder afrontar este reto.
O Presidente de Vigo Stick, mostrou o seu agradecemento ó Concello por apoiar esta iniciativa porque, dado que o hockey sobre patíns non é un deporte olímpico, o mundial é o acontecemento máis importante para os que practican este deporte.
Xavier Alonso recordou que a celebración deste acontecemento seguiría as tres liñas de actuación que quere co seu departamento leve a cabo: apoio de eventos, gañar practicantes no deporte e apoio ó deporte de base. Paralelamente ó mundial faríase un Torneo Xuvenil entre Galicia e Portugal para cubrir esta última necesidade.
Descargar todas as imaxes