Chus Lago: "Quero demostrar que Vigo é unha cidade preocupada polo medio ambiente"
A concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, falou esta mañá no Concello de cales son as prioridades dos seus departamento, e mostrouse moi comprometida co medio ambiente.
Chus Lago mostrouse hoxe no Concello de Vigo moi comprometida co medio ambiente, tanto por ser concelleira de medio ambiente, como pola súa afección ao alpinismo, e quere co seu departamento traballe para que Vigo sexa unha cidade que se poda adoptar como referente neste aspecto.
A prioridade para a concellería neste momento é traballar na depuradora para poder sanear a Ría de Vigo, pero están á espera de que se finalice o estudio que vai determinar cal é a depuradora que se precisa para limpar a nosa ría.
Con respecto ao tema das algas que tanto preocupa aos cidadáns tamén fixo mención. Recordou que todas as praias se limpan a primeira hora da mañá e que temos que mentalizarnos de que as algas, anque ás veces sexan desagradables, forman parte do ecosistema e da riqueza da Ría de Vigo.
Descargar todas as imaxes