Escoitar

Xuntanza entre o tenente de alcalde e sindicatos<br />

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, mantivo hoxe unha xuntanza cos secretarios comarcais de CCOO e UXT, José Cameselle e Olga Alonso respectivamente, e a secretaria de organización da CIG, Placer Vila.

luns, 9 xul 2007
1183980374santisindicatos.jpg
A reunión foi unha primeira toma de contacto para falar da mutua colaboración que ten que haber entre os sindicatos e a tenencia de alcalde, e posto que son éstes os que manteñen contacto directo cos traballadores e traballadoras da cidade de Vigo e teñen que ter un amplo respaldo, acordouse ter xuntanzas de maneira continuada.

O obxectivo prioritario ao que se pretende chegar con estas reunións é que despois dos catro anos de mandato, os traballadores e traballadoras de Vigo, queden contentas co goberno de esquerdas que actualmente actúa na cidade.
Descargar todas as imaxes