Escoitar

Verán en Vigozoo

Vigozoo amplia a oferta educativa nos meses de verán con campamentos destinados a nenos e nenas de 8 a 14 anos e que se celebrarán os días 11 2 12 de xullo; 1 e 2 de agosto, e 5 e 6 de setembro.

venres, 6 xul 2007
Visita guiada a grupos organizados

Mantenos a nosa liña de traballo nas visitas guiadas a grupos organizados e aumentamos a oferta a outros grupos minoritarios igual que foise realizando os pasados anos.

Aniversarios no zoo

Prezo entrada: 2 euros por neno/a (inclúe a un adulto gratis).
Prezo menú: A partires de 4 euros por neno/a.
Idades: De 4 a 14 anos.
De luns a venres durante todo o ano. Celebra a festa de cumpleanos do teu fillo/a dunha forma diferente e orixinal. Disfruta dun prezo de entrada moi económico, que inclúe a entrada libre para un acompañante, o "toca-toca" e unha visita guiada polas instalacións, cunha duración total é de 90 minutos. Posteriormente terá lugar a festa e a degustación do menú na cafetería.

Un día no zoo 2007

Repetimos esta actividade aumentando o horario (de 8:30 a 19:30 horas) e engadindo un período de recepción de gardería opcional e gratuíto dende as 8:30 até as 10:00, tentando compatibilizar o horario laboral dos pais co desenvolvemento da actividade. Tamén mantemos dito programa para grupos organizados, colectivos e familias, incrementando as idades dos destinatarios de 8 a 14 anos e a oferta de talleres e animación.

Idades: De 8 a 14 anos.
Datas: Do 3 ao 31 de xullo; do 3 ao 13 de agosto e do 3 ao 13 de setembro.
Medio día: 6 euros (inclúe almorzo):
Programa: 8:30 Gardería; 10:00 Presentación e normas; 10:15 Almorzo, 10:30 Xogos e entrega de material; 11:00 Visita guiada; 13:30 Toca-toca; 14:00 Despedida.

Día completo: 15 euros (inclúe comidas):
Programa: 8:30 Gardería; 10:00 Presentación e normas; 10:15 Almorzo, 10:30 Xogos e entrega de material; 11:00 Visita guiada; 13:30 Toca-toca; 14:00 Xantar e tempo libre; 15:30 Audiovisual; 16:00 Visita ao reptilario e bolboretario; 16:30 Taller; 17:45 Xogo de pistas; 18:30 Merenda; 19:00 Animación; 19:30 Despedida.

Campamentos 2007

O pasado ano 2006, co motivo do 35 aniversario de Vigo-zoo realizouse o primeiro campamento piloto subvencionado polo propio zoo. Tivo lugar na primeira quincena do mes de setembro e contou cunha participación de 19 rapaces/es.

A boa acollida e crítica acadada na súa valoración animounos a realizar unha quenda de campamentos de verán de curta duración. Ditos campamentos de dous días de duración, permiten empregar os recursos e a experiencia acada nos últimos anos de realización de actividades dun xeito máis intensivo.

Prezo entrada: 39 euros (Inclúe comidas e aloxamento en tendas de campaña)
Idades: De 8 a 14 anos.
Datas: 11 e 12 de xullo, 1 e 2 de agosto e 5 e 6 de setembro.
Programa:
PRIMEIRO DÍA: 8:30 Gardería; 10:00 Recepción; 10:15 Presentación e normas; 10:30 Xogos e entrega de material ; 11:00 Almorzo; 11:30 Visita guiada; 12:45 Montaxe de tendas de campaña; 14:30 Xantar e tempo libre; 16:00 Audiovisual; 17:00 Toca-toca; 17:45 Gran xogo ; 18:30 Merenda e tempo libre; 19:00 Visita ao reptilario e bolboretario; 20:00 Taller; 21:30 Cea e tempo libre; 23:00 Visita nocturna polo zoo; 24:00 Silencio.

SEGUNDO DÍA: 08:30 Diana e aseo; 09:00 Almorzo; 09:30 Taller; 11:30 Ruta polo miradoiro da Madroa; 14:00 Xantar e tempo libre; 16:00 Taller ; 18:00 Desmontaxe das tendas de campaña; 18:30 Merenda; 19:00 Xogos de animación; 19:30 Despedida.

ACTIVIDADES PARA PÚBLICO XERAL

Toca-toca: Horario 18:00; 19:00 e 20:00 horas. Dirixidas ao público infantil, nos fins de semana e festivos en horario de tarde. Na sala anexa á de exposicións non permanentes. Constarán de sesións de 30 minutos de duración onde os participantes tocarán animais vivos baixo a supervisión dun monitor. Os animais que se poderán manipular serán tartarugas, lagartos tropicais, serpes e insectos.

Audiovisuais: Horario 12:30; 13:30; 17:00; 18:00 horas. Na mesma liña que a actividade anterior, estará dirixida ao público xeral os fins de semana e festivos. No salón de actos exporanse distintos documentais relacionados co mundo animal e a natureza. Terán acceso libre e gratuito.