Escoitar

Ampliación de horario da exposición "Tamara de Lempicka"

Ata o próximo domingo, 15 de xullo, pódese visitar na Casa das Artes a exposición de "Tamara de Lempicka" que amplía o seu horario visitas.

luns, 9 xul 2007
1183985164lempica1.jpg
O novo horario é de luns a venres: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 24:00 horas;
sábado e domingo: de 12:00 a 24:00 horas. Tamén ampliarase a oferta de visitas guiadas, ofertando unha máis das habituais ás 22,30 horas.

EXPOSICIÓN "TAMARA DE lEMPICKA"

A mostra, cunha montaxe que recrea o cosmopolitismo e a sofisticación do París de entre guerras cunha escenografía que reconstrúe o seu famoso estudio da rúa parisiense de Méchain, exhibe en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, de Europa e Norteamérica, principalmente.

A vida de Tamara de Lempicka préstase á lenda. Dende Polonia, onde naceu en 1898, viaxou primeiro a Sant Petersburgo e logo a París, Nova York, Hollywood e, finalmente, a México, onde faleceu en 1980.

A artista participou plenamente na vida artística e social do seu tempo, facendo da súa vida "unha extraordinaria posta en escena", en palabras do comisario da mostra, Emmanuel Bréon.

Marcada polo postcubismo e o manierismo modernista, Tamara de Lempicka era esencialmente a retratista da alta sociedade nun momento crucial na historia moderna, pero as súas afeccións e afectos convertérona nunha icona do modernismo.

Os seus cadros, de cor e composición a miúdo agresivas e espectaculares, recorren a un sentido gráfico que se achega á publicidade e que a converteu nunha figura emblemática do período de art decó.

Todos os retratos mostran unha inquietude permanente pola estética. A beleza feminina obedece a criterios recorrentes: cabelos louros, boca carnosa, languidez da ollada...
Descargar todas as imaxes