Escoitar

O Goberno solitita unha subvención para a posta en marcha da Escola Obradoiro "Mar de Vigo IV"

A Xunta de Goberno Local acordou, na reunión celebrada hoxe luns, solicitar á Consellería de Traballo unha subvención para a posta en marcha da Escola Obradoiro "Mar de Vigo IV" con especialidades de profesións relacionadas coa actividade marítima.

luns, 9 xul 2007
1183982492caballeroxuntadegoberno.jpg
O proxecto consiste nunha escola taller de 45 alumnos/as con especialidades de "Carpintería de ribeira", "Construcción naval en laminados de madeira" e "Actividades náuticas". Os obxectivos que se pretenden coa posta en marcha deste proxecto pódense sintetizar en dos ámbitos fundamentais relacionados coas actividades marítimas a construcción naval e as actividades náuticas.

No ámbito da construcción naval pretendese recuperar embarcacións e oficios tradicionais na especialidade de carpintería de ribeira mediante a construcción dunha dorna de tope, así como capacitar nas novas técnicas de construcción naval en laminados de madeira mediante a construcción dunha embarcación de época a vela.

No ámbito das actividades náuticas potenciaranse as actividades de ocio centradas no ámbito marítima o e capacitando a novos profesionais para a realización de labores de mantemento, reparacións, acastillaxe, construcción de velas e navegación.

Por outra banda, o alcalde Abel Caballero, informou que a Xunta de Goberno acordou interpoñer recurso de alzada contra a resolución do presidente de Augas de Galicia, de 18 de maio de 2007, sobre concesión hidroeléctrica no río Oitavén.
Descargar todas as imaxes