Escoitar
A actuación celebrarase o vindeiro sábado,14 de xullo, <br /> no Centro Cultural Caixanova de Vigo

Os pases do acto central do Festival Folclórico poden recollerse na Concellaría de Festas

Unha das citas máis populares do programa das Festas do Cristo da Victoria é o Festival Folclórico, que comeza o venres, 13 de xullo. O acto central do programa é a actuación conxunta de todos os grupos participantes no Centro Cultural Caixanova de Vigo, cita que se vai celebrar o sábado, 14 de xullo, á partires das 22.00 horas.

mércores, 11 xul 2007
Aínda que a entrada é gratuíta, por motivos de aforo é preciso recoller unha invitación para asistir ao acto. Dita invitación pode recollerse o xoves e venres, 12 e 13 de xullo, entre as 8.00 e as 14.00 horas na Concellaría de Festas do Concello de Vigo.

Nesta actuación participarán os grupos Telón Abierto (Cuba); Balálita (Cidade Real); Raquel Barros (Chile), Corisco, Escola Municipal de Danza e Lembranzas Galegas.