Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rua Serafín Avendaño

<br />

venres, 13 xul 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de subida de materiais para cuberta, a realizar pola empresa Grúas Rama, estará pechada ao tráfico a rúa Serafín Avendaño, treito entre García Barbón e Rosalía de Castro, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 15 de xullo de 2007 dende as 08.00 horas e por un período aproximado de 08 horas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.