Escoitar
Anuncio Xerencia de Urbanismo

Convocatoria pública de solicitudes de Axudas para a 7ª fase do Casco Vello e 2ª fase de Bouzas do programa de rehabilitación de edificios e vivendas de Vigo.

<br />

venres, 13 xul 2007
1. O prazo oficial para a presentación da documentación completa de solicitudes de axuda para a rehabilitación de edificios e vivendas no Casco Vello de Vigo e Bouzas, dentro da 7ª e 2ª fases respectivamente do programa, remata o día 1 de outubro, luns de 2007 ás 13.30 horas.
2. Os importes máximos a outorgar serán de 128.700,00 euros para a 7ª fase do Casco Vello, e de 160.875,00 euros para a 2ª fase de Bouzas.
3. O prazo máximo de resolución será de 2 meses dende o día seguinte do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda.
4. As solicitudes poderán formulalas as persoas propietarias, inquilinas ou usufrutuarias das vivendas, para a rehabilitación interior de vivendas, de edificios completos e de elementos comúns dos edificios, mediante a súa presentación na Oficina Municipal de Rehabilitación da Vivenda (Praza da Princesa núm. 7, 1º andar).
5. Para todos os casos de solicitudes non seleccionadas nas fases anteriores, deberán actualizar e/ou completar a documentación que xa perdese a súa validez de cara a ser consideradas na 7ª fase do Casco Vello e 2ª fase de Bouzas antes do 1 de outubro de 2007.
6. Esta convocatoria réxese polo establecido na Ordenanza municipal reguladora das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rehabilitación de Centro Histórico do Casco Vello de Vigo e Bouzas (publicada no BOP núm. 232 do 04.12.2006).
7. Para calquera información suplementaria, poden comunicarse coa Oficina de Rehabilitación no teléfono 986.44.25.60 ou no correo electrónico urb.rehabilitacion@vigo.org