Escoitar
Desenvolvemento Local e Emprego

Convocatoria "Programa de axudas municipais á creación de empresas". Plan municipal de emprego 2004-2007

<br /> <br />

venres, 13 xul 2007
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 23/05/07, a proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2007 do "Programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra de data 6 de xullo de 2007.

OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, constituídas no período comprendido entre o 1 de xuño de 2006 e o 31 de maio de 2007 e que cumpran os requisitos establecidos nas bases, como:
1 Pertenza aos colectivos seguintes :
- persoas paradas de longa duración,
- maiores de 45 anos,
- mulleres,
- persoas discapacitadas,
- mozos/as ata 30 anos
- persoas vítimas de violencia doméstica
2 Ou cumplir a condición de:
- ser unha persoa participante nos distintos programas de inserción sociolaboral dos Plans Municipais de Emprego de Vigo, ou
- ter a empresa emprazada na zona de delimitación da área PEPRI do Casco Vello de Vigo.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación das solicitudes vai dende a data de publicación no BOP ata o 31 de agosto de 2007. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego.

INFORMACIÓN:
Servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE). Cánovas del Castillo 2, 2º.
Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego.
Teléfono: 986 44 37 49; Correo electrónico: sae@vigo.org
Tanto as bases reguladoras destas axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego e na súa páxina web: http://emprego.vigo.org