Escoitar

Exposición sobre o camiño do autogoberno

A Casa Galega da Cultura abre, hoxe venres e ata o 29 de xullo, unha exposición co título " O camiño do autogoberno" con motivo das xornadas sobre a "Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo" que se realizarán o 13 e 20 deste mes organizadas por Galicia Nova Vigo.

venres, 13 xul 2007
1184323427exposicionautogoberno.jpg
A exposición fai un percorrido polo camiño de aoutogoberno de Galiza desde o antigo Reino de Galiza, pasando polos Precursores, simbolizado no século XX por Castelao e finalizando con algunhas propostas que ó novo Estatuto de Galiza.

Os contidos agrúpanse en dez apartados sobre diversos paneis explicativos:
-O camiño do Autogoberno
-Do provincialismo ao rexionalismo
-Federalismo a autogoberno
-Irmandades da Fala
-Proxecto do estatuto de 1921
-O Estatuto de 1936
-Dictadura e exilio
-A saída da Dictadura
-O Estatuto de 1981
-O Futuro do Autogoberno

A exposición podese visitar en horario de:
Luns a venres: 18.00 – 21.30h.
Sábados: 11.00–14.00h; 18.00–21.30h.
Domingos e festivos: 11.00–14.00h.
Descargar todas as imaxes