Escoitar

A concelleria de Benestar Social quere potenciar as UBAS para achegar servizos de calidade á cidadanía

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou hoxe as UBAS (Unidades Básicas de Actuación Social) para coñecer as súa situación e necesidades. O seu obxectivo é que estas unidades permitan achegar os servizos á cidadanía e ofrecer unha atención asistencial de calidade.

venres, 13 xul 2007
1184331493ubascascovello.jpg
UBA Casco Vello
O Concello de Vigo conta con 7 UBAS, cun total de 11 unidades, que atenden a 22.500 usuarios. Tres están ubicadas no edificio do Concello, unha en Teis, unha en Martínez Garrido, unha na Praza da Princesa e outra en Coia. Recentemente a que xa viña funcionando en Teis, trasladouse a unhas novas dependencais na rúa Doctor Corbal.

María Méndez adiantou que o seu departamente ten previsto incrementar este servizo o ano que ven, incorporando novas unidades ás UBAS xa existentes e incluso traballa na posibilidade de crear algunha nova. A concelleira salientou a importancia de fomentar estes servizos para favorecer a descentralización municipal. "É moi importante achegar aos veciños e veciñas os servizos, porque iso é garantía de que se atenderán mellor as súas necesidades", sinalou a concelleira.
Descargar todas as imaxes