Escoitar

Abre a Feira do Libro de Vigo

A XXXIII Feira do Libro de Vigo abre as súas portas o venres 29 de xullo ate o 8 de xullo na praza de Compostela coa presenza de 23 casetas de editoriais e librerías. O escritor Fran Alonso será o encargado da lectura do pregón inaugural ás 20 horas do venres.

xoves, 28 xuñ 2007
1183034619libro.jpg
Facer que o libro estea na rúa con actividades de fomento á lectura, presentacións de publicacións, mesas redondas, exposicións e obradoiros, son algunhas das propostas que a Federación de Libreiros de Galicia prepara para a Feira do Libro de Vigo.

No acto de presentación da Feira , o tenente de alcalde Santiago Domínguez anunciou que unha das primeiras medidas que adoptarán as areas de goberno do BNG é a consecución dun plan global de animación á lectura do Concello de Vigo no que colaborarán a Federación de Libreiros de Galicia, editoriais ou escritores. Domínguez confía que no mes de setembro ou outubro podase iniciar este plan que se desenvolverá coa participación de asociacións veciñais, culturais, centros de ensino e universitarios.
Descargar todas as imaxes

Máis información