Escoitar

Daniel Flors e Gilad Atzmon, este venres no Imaxina Sons

O Festival de Jazz Imaxina Sons centra este venres as súas actividades no contorno do Concello, ás 21.00 horas coa actuación de Daniel Flors no Auditorio Municipal e ás 23.00 cun concerto ao aire libre na praza do Rei a cargo de Gilad Atzmon & The Orient House Ensemble.

xoves, 28 xuñ 2007
1183034521danielflors.jpg
Daniel Flors (Atonally Yours)
Comisionado polo Institut Valencià da Música para a participación na edición de 2005 no Festival de Xàbia Jazz, o proxecto de Daniel Flors "Atonally Yours" conxuga cun alto grao de creatividade e unha formación atraente e inusual toda a riqueza harmónica de Flors e a súa capacidade para reinventar a linguaxe da fusión.

Pola súa parte, o israelí Gilad Atzmon é recoñecido internacionalmente polo seu estilo tocando o saxofón e o clarinete, e destaca tamén por fusionar na súa música elementos das tradicións árabe e xudía. Como activista político comprometido ten denunciado en numerosas ocasións o tratamento que recibe o pobo palestino de mans dos gobernantes israelíes.

A súa música, na que tamén se dan a man o tango e o be-bop, é un reflexo da idealización dun único estado e unha convivencia en paz para os pobos de Palestina e Israel. En certa medida, o seu labor desde o Jazz é similar ao que Daniel Baremboim realiza no ámbito da música clásica.

Gilad Atzmon dará ademais unha clase maxistral de mañá no Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música. Máis información en www.imaxinasons.com.

Pasarrúas na Feira do Libro

Os pasarrúas a cargo do grupo Os Krokodillos verán alterada a súa ruta este venres, coincidendo coa inauguración da Feira do Libro. A nova ruta levaraos ás 12.00 horas pola zona peonil do Calvario, ás 18.30 ao Centro Comercial Gran Vía, ás 20.00 horas á inauguración da Feira do Libro e, finalmente, ás 21.00 horas ao Museo Verbum.

Axenda

MASTER CLASS
Gilad Atzmon (saxo alto, clarinete)
Auditorio "Martin Códax" do Conservatorio Superior de Música, 11.00 horas
Asistencia gratuíta, aforo limitado

PASARRÚAS
Os Krokodilos
12.00, 18.30, 20.00 e 21.00 horas

CONCERTO
Daniel Flors (Group Therapy)
Auditorio Municipal, 21.00 horas
Prezo: 3 euros

CONCERTO
Gilad Atzmon & The Orient House Ensemble
Praza do Rei, 23.00 horas
Entrada libre

CICLO JAZZ NA NOITE

Jaso & Boo
Verbum Jazz Café, 23.50 horas
Entrada libre

Leo Giannetto's Jazz Project
Manteca Jazz, 01.30 horas
Entrada libre
1183034521danielflors.jpg
1183034538giladatzmon.jpg
Descargar todas as imaxes