mércores, 27 xuño 2007

Recital de poemas de Wislawa Szymborska no museo de Castrelos

mércores, 27 xuñ 2007

Con motivo da exposición "Admirar o tempo", o Museo municipal de Vigo "Quiñones de León" organiza, o xoves 28 de xuño,unha xornada poética adicada á premio nobel polaca Wislawa Szymborska que consistirá nunha lectura escollida dos seus poemas a cargo de tres estudiantes universitarios polacos en formación na Universidade de Vigo.

120 persoas despiden os cursos do "Súbete ó Castro" ata setembro

mércores, 27 xuñ 2007

O pasado sábado celebrouse unha Festa Fin de Curso coa que se concluía a tempada de inverno do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellería de Xuventude. O acto que comezou ás 10:00 e que contou cun público de arredor de 120 persoas, serviu de mostra en vivo do traballo desenvolvido polo alumnado dos diferentes cursos ó longo dos dous cuatrimestres.