luns, 11 dec 2006
Setenta grabados realizados por personas con discapacidad serán expuestos en la Casa Galega da Cultura a partir del próximo jueves dentro de la muestra del II Certamen Pasoarte, bajo el lema "Retrátate".
xoves, 7 dec 2006
O Concello de Vigo facilitou á Fundación as instalacións e equipos informáticos precisos para desenvolver este traballo, cuxos primeiros resultados foron presentados hoxe xoves.
mércores, 6 dec 2006
O Museo Verbum-Casa das Palabras quere unir o lúdico e o didáctico este Nadal ofrencendo unha programación que inclúe exposicións sobre o xoguete e o cómic, obradoiros de fotomontaxe e papel, visitas guiadas e contacontos.
luns, 27 nov 2006
O próximo xoves, día 30 de novembro clausúrase a exposición "Os Hernández, ourives de Vigo", que se está a mostrar no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León". Por outra banda, o martes 28 ás 17,00 h. realizarase unha visita guiada á mesma que contará coa participación do orfebre Eloy Hernández e da comisaria da exposición Mariel Larriba.
venres, 24 nov 2006
A Fundación Laxeiro inaugura hoxe venres, ás 20.00 h. a exposición titulada "Laxeiro, debuxos inéditos IV, retratos sobre papel". Esta IV edición da serie "Debuxos inéditos" está Formada por 24 retratos pertencentes a coleccións privadas de Vigo, Lalín, Lugo e Madrid que por primeira vez se exhiben en público.
martes, 21 nov 2006
A Casa das Artes presenta desde hoxe a VIII Bienal de Arquitectura Española coa exposición dos mellores 34 proxectos de arquitectura realizados por estudios a nivel estatal, aínda que as obras se realizasen no estranxeiro ou obras de estudios estranxeiros construídas en España.
mércores, 15 nov 2006
As 22 esculturas de bronce xigantes que conforman a exposición do artistas polaco Igor Mitoraj poderanse ver ata o día 26 de novembro , ampliándose a exposición en sete días máis. A mostra está repartida polas principais rúas do centro da cidade propoñendo o diálogo entre a arte e os cidadáns.
martes, 14 nov 2006
O Festival de Música de Vigo "Are –More" 2006 organiza dúas novas actividades como son unha conferencia para presentar o proxecto "concertos para bebés" e unha clase maxistral sobre Mozart.
martes, 14 nov 2006
A Casa das Artes acolle hoxe martes a exposición e entrega de galardóns dos Premios GRANDEAREA de Aportación á Arquitectura. A mostra consiste en grandes contedores expositivos formando esculturas minimalistas que conteñen maquetas, fotografías, planos e audiovisuais sobre os proxectos premiados.
martes, 14 nov 2006
Por segundo ano consecutivo, e coincidindo coa semana na que se celebra o cuarto aniversario da súa apertura de portas ao público (13 de novembro de 2002), o MARCO organiza varias xornadas de portas abertas nas que será gratuíto o acceso ao museo e ás actividades previstas para eses días.