Escoitar

Concerto de Markus Breuss no Imaxina Sons

O salón de actos do Marco acolle o martes o concerto de trompeta e percusión que ofrecerá Markus Breuss ás 21:45 horas dentro do programa do ciclo de jazz IMAXINA SONS. Ás 23 horas no clube Contrabajo actuará VI-GOP Quartet.

luns, 25 xuñ 2007
1182773351imaxina.jpg
MARKUS BREUSS

Markus Breuss define o seu espectáculo como un ritual electroacústico no que, coa axuda de procesadores de son dixitais e gravacións de campo, crea espazos sonoros alternativos. As trompetas que emprega son moi variadas: didjeridoo australiano, kang—ling tibetano —construído cun fémur humano—, shanka da India —unha caracola mariña—, pututu de Bolivia, etc. O seu acerto consiste en conxugar a electrónica e as súas posibilidades co son natural dos instrumentos que toca, entre os que tamén atopamos pequenos instrumentos de percusión que ornamentan a súa música.
Markus Breuss actuou e gravou con grupos de pop, rock, jazz, improvisación, experimental e con diversos conxuntos de música clásica e contemporánea. No 2001 foi "telonero" en Huesca da Sun Ra Arkestra , dirixida por Marshall Allen.
Ademais das composicións para os seus propios proxectos (O.C.Q., Clónicos, Scorecrackers, Faktor Bossar, etc.) escribiu numerosas composicións de música electroacústica e sinfónica por encargo.
Formación
Markus Breuss: trompeta occidental e trompetas étnicas

VI-GOP QUARTET

O segundo quinteto de Miles Davis (con Wayne Shorter) e o cuarteto clásico de John Coltrane son as principais referencias musicais deste cuarteto vigués surxido en 2005. No seu repertorio inclúense standards e composicións orixinais que xa se grabaran no Auditorio David Russell. A súa premisa é a interacción dos músicos, o intercambio de ideas e a liberdade á hora de improvisar.
Formación
Juan Carlos Otero: saxo tenor
Antonio López: piano e hammond
Antonio "Castillo": contrabaixo
Noli Torres: batería
Descargar todas as imaxes