Exposición "Un verán cos pintores"

martes, 26 set 2006

Ata o 15 de outubro pódese ver na Biblioteca Pública Central de Vigo a<br /> exposición "un verán cos pintores", formada polas obras realizadas no<br /> obradoiro de pintura no pasado mes de agosto.<br />

O MARCO reúne nunha exposición os patios de recreo de Galicia

venres, 15 set 2006

O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) convida os seus visitantes desde hoxe venres a elaborar un arquivo fotográfico colectivo de todos os patios de recreo de Galicia. A proposta parte do artista Martín Pena, autor da exposición "Espazos de Recreo", que ocupará o Espazo Anexo do museo ata o próximo 3 de decembro.

O Arquivo Pacheco quere darse a coñecer cada vez máis

venres, 15 set 2006

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe venres un resumo das actividades do Arquivo Pacheco durante o último ano, das que salientou a súa vontade de difundir a súa presenza entre os vigueses e os foráneos, con exposicións como a que se realizou cos seus fondos na cidade brasileira de Niteroi, así como as actividades didácticas para nenos.