Clase maxistral sobre o Requiem de Mozart

mércores, 13 dec 2006

O ciclo de música "Are More" 2006 organiza unha conferencia "Clase maxistral: CONFUTATIS MALEDICTIS, unha revisión crítica do Requiem de Mozart" que estará a cargo de profesor Alvaro Zádivar. A conferencia terá lugar o día 15 de decemrbo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa Galega da Cultura con entrada libre ata completar o aforo.

Unha mostra antolóxica achega á Casa das Palabras o traballos dos novos autores galegos de banda deseñada

O cómic chega a o Vérbum

mércores, 13 dec 2006

"5 anos de BD banda, Escolma dos novos creadores de banda deseñada galega" é o título da mostra que desde o día 13 de decembro e ata o 11 de febreiro poderase ver no Vérbum. Trátase que de obras orixinais de 34 autores de cómic do noso país que publicaron ao longo do último lustro na revista "BD Banda".

Últimos días da exposición "Os Hernández,ourives de Vigo"

luns, 27 nov 2006

O próximo xoves, día 30 de novembro clausúrase a exposición "Os Hernández, ourives de Vigo", que se está a mostrar no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León". Por outra banda, o martes 28 ás 17,00 h. realizarase unha visita guiada á mesma que contará coa participación do orfebre Eloy Hernández e da comisaria da exposición Mariel Larriba.

Exposición sobre "Laxeiro debuxos inéditos IV" dedicada ó retrato

venres, 24 nov 2006

A Fundación Laxeiro inaugura hoxe venres, ás 20.00 h. a exposición titulada "Laxeiro, debuxos inéditos IV, retratos sobre papel". Esta IV edición da serie "Debuxos inéditos" está Formada por 24 retratos pertencentes a coleccións privadas de Vigo, Lalín, Lugo e Madrid que por primeira vez se exhiben en público.

34 proxectos de arquitectura na Casa das Artes

martes, 21 nov 2006

A Casa das Artes presenta desde hoxe a VIII Bienal de Arquitectura Española coa exposición dos mellores 34 proxectos de arquitectura realizados por estudios a nivel estatal, aínda que as obras se realizasen no estranxeiro ou obras de estudios estranxeiros construídas en España.

As esculturas de Igor Mitoraj pódense ver en Vigo ata o día 26

mércores, 15 nov 2006

As 22 esculturas de bronce xigantes que conforman a exposición do artistas polaco Igor Mitoraj poderanse ver ata o día 26 de novembro , ampliándose a exposición en sete días máis. A mostra está repartida polas principais rúas do centro da cidade propoñendo o diálogo entre a arte e os cidadáns.