Escoitar

O Verbum acolle unha exposición fotográfica sobre a CowParade

martes, 31 xul 2007
Este martes, ás 20.00 horas, inaugúrase no Museo Verbum-Casa das Palabras a exposición fotográfica "Vacas urbanas. A maxia da luz", da viguesa Mary Quintero. As obras que se poderán contemplar nesta mostra xiran arredor das estatuas de vacas que se puideron ver nos últimos meses en Vigo no marco da CowParade, estatuas que actualmente están situadas no xardín do Verbum.