Ampliado o prazo para presentar o proxecto de execución de tres aparcadoiros
A Xunta de Goberno ampliou este luns ata o 13 de decembro o prazo outorgado á UTE Eloymar Tranvías para a presentación dos proxectos de execución dos aparcadoiros subterráneos do Areal, Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz. Esta medida supón unha ampliación de tres meses sobre a data prevista inicialmente para a entrega destes proxectos.
Ademais, o Goberno local decidiu delegar na concelleira de Medio Ambiente, María Jesús Lago, o outorgamento de licenzas para a tenza de animais potencialmente perigosos, así como para a súa inscrición no rexistro municipal ou para calquera atribución delegable en relación con esta materia.
Así mesmo, a Xunta de Goberno designou os membros da Mesa de Contratación da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU), que será presidida por Abel Caballero e contará con cinco vogais: o xerente, o secretario e o director dos servizos centrais da XMU, o interventor xeral do Concello e o xefe de servizo da Xerencia que corresponda en función da natureza do expediente obxecto de tramitación. Tamén formará parte da Mesa de Contratación da Xerencia a xefa da oficina de Secretaría da XMU.
Descargar todas as imaxes