Escoitar

Traca final do Festival Vigofolcelta en Castrelos

O folk de SonDeSeu e Flook soará no Auditorio de Castrelos este venres 27 a partir das 22.30 horas. Media hora máis tarde, na praza da Estrela, poderase visionar ao aire libre a película "La línea recta", de José María de Orbe.

venres, 27 xul 2007
1185543491sondeseu.jpg
SonDeSeu
O Festival Vigofolcelta chega á súa fin por todo o alto o venres 27 de xullo no Audotorio de Castrelos, coas actuacións estelares de SonDeSeu e Flook.

SonDeSeu é un grupo que nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do ano 2001, onde alumnos e profesores forman a primeira orquestra folk de galicia. Este grupo foi a revelación do festival de Ortigueira na súa 25 edición e o venres en Castrelos intentará sorprender a todos os que se acheguen a gozar da súa música.

Pola súa banda, Flook, unha banda británica composta por catro músicos de prestixio ingleses e irlandeses, procurarán deleitar o público coa súa posta en escena no escenario e en especial co son das súas frautas e bodhram. Este grupo, que nace da espontaneidade e da súa excepcional habilidade para desenvolver o seu carácter musical xuntos, gañou o premio ao mellor grupo nos BBC Folk Awards 2006.

Cine ao aire libre

Por outra banda, a partir das 23.00 horas, na praza da Estrela, proxectarase a película "La línea recta", a primeira película de José María de Orbe.

"La línea recta" é unha historia urbana na que a protagonista, Noelia, se comporta como a propia cidade na que habita, crece e avanza nunha líña recta que a leva dun traballo a outro, dunha vivenda a outra, sen rumbo fixo, sen descansar, sen saber onde vai, sempre como un personaxe anónimo.
Descargar todas as imaxes