O Maratón Fotográfico alcanzará este domingo a súa XII edición
O Maratón Fotográfico "Concello de Vigo" chega este domingo á súa XII edición. Os interesados en participar poden inscribirse na Agrupación Fotográfica Galega (r/ Uruguai, 17) este xoves ou mañá venres, das 19.00 ás 21.00 horas. A inscrición tamén se pode facer o mesmo día do Maratón, na praza do Rei, das 9.30 ás 10.30 horas.
Os participantes, 200 como máximo, deberán aboar 5 euros e poderán participar con cámara de fotos dixital ou analóxica.
O primeiro premio será de 1.000 euros; o segundo, de 400; e o terceiro, de 250. Ademais haberá 4 accésits de 150 euros cada un.
A saída do Maratón está prevista para as 11.00 horas do domingo na praza do Rei. As fotografías entregaranse na praza da Constitución das 23.00 ás 00.00 horas.