Convocatoria pública para a designación do novo Xerente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
Consonte co Acordo do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do 23 de xullo de 2007, convócase públicamente a praza de Xerente do organismo autónomo "Xerencia Municipal de Urbanismo" do Concello de Vigo, posto eventual e directivo en réxime de exclusividade. Os participantes nesta convocatoria deberán presenta-la súa candidatura, xunto cun "currículum vitae" e a documentación acreditativa dos méritos alegados, no prazo máximo de QUINCE DÍAS dende a última publicación deste anuncio, ben no rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo, ben nos lugares establecidos no art. 38.4 Lei 30/1992, do 26 de novembro, debendo neste último caso remitir no mesmo día copia da solicitude ao Fax da Xerencia 986220127. Os candidatos deberán ser funcionarios de carreira ou laborais das Administracións públicas ou profesionais do sector privado, titulados superiores en ámbolos casos, e con máis de cinco anos de exercicio profesional no segundo. Trala súa designación quedará suxeito ao réxime de incompatibilidades establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro.