Bando do Día de Galicia
<br />
Mañá, 25 de xullo, celebramos o noso día, o día de Galicia.
Mañá é unha fermosa palabra porque se asocia co mencer. E por iso, hoxe, como si dunha luminosa amañecida se tratase, na vispera do noso Dia, debemos facer o xesto valente de mirar cara adiante, afirmando os nosos pes no pasado, collendo coas nosas mans o presente e a colocando a nosa mirada no futuro.
Galicia ten un pasado do que sentirnos fondamente orgullosos, un presente de modernidade que nos entusiasma e nos impulsa, e un futuro que temos que construir ilusionadamente xuntos.
Imolo facer con xenerosidade, con forzas renovadas e co convencemento de que nos, os galegos e as galegas, uniremos as nosas vontades para marcar o noso propio camiño.
Un camiño que percorreremos partindo da nosa propia identidade, das nosas ideas, da nosa iniciativa, pero enmarcadas sempre no compromiso cos valores universais de xustiza, igualdade e solidaridade.
Un camiño que non se acaba en nós mesmos senón que partindo de nós dirixese cara un mundo cada día máis global, mais comunicado, mais aberto, e por iso, o mesmo tempo, mais preto de nos e mais propio.
Nós, homes e mulleres de Galicia queremos influir activamente nese complexo mundo, entendendo a súa pluralidade pero sen esquecer a nosa identidade.
Este é o desafío no que debemos embarcarmos, tendo claro que o rumbo que tomamos ten como destiño convertir en realidade as causas xustas das que a cotío fala o noso benquerido Isaac Díaz Pardo.
E a nosa cidade, Vigo ten que ser o timonel que lidere os novos tempos, que as galegas e os galegos estamos a forxar.
Vigo está chamado a ser o centro dun gran núcleo de población, de actividade e de riqueza social e económica que traspase a nosa comunidade.
Sen perder o latexo dun pobo que non renuncia a ser diferente, temos clara conciencia de que son chegados os tempos de apostar pola ambición de liderar unha grande área de crecemento que permita aceder a un maior benestar a todalas mulleres e todolos homes que vivimos nela.
É a hora de erguer a nosa mirada e apostar polo optimismo. É a hora de ter o talento de construir, de crear país, de non permanecer inmóbiles, de non quedar parados. De que todos e todas boguemos no mesmo rumbo: no do progreso e do benestar compartido.
É unha responsabilidade a que non podemos renunciar ningún de nós, pero especialmente os responsables públicos. E unha demanda do conxunto da cidadanía e unha obriga pola que teremos que responder diante da historia.
Non podemos permitirnos debates estériles, nin quedar ancorados nos lamentos ou nas queixas, por moi xustas que poidan ser.
Laiarse non abre as portas do futuro. Somentes o traballo e a cooperación ilusionada prestaranos ese pulo necesario para chegar a ser o que podemos ser, estimulados sempre por unha firme espranza que xa se albisca neste prometedor presente.
Estamos no tempo de tomar decisións, de creer en nos mesmos, e de abrir aqules canles que nos teñen que levar cara a esa Galicia e ese Vigo que todos desexamos.
Viguesas e vigueses: os nosos ollos están acostumados a un lucente infinito marcado polo noso mar. Con ese horizonte, con esa perspectiva sempre aberta, case sen límite, é como debemos alentar a nosa creatividade, a nosa intelixencia e os nosos ancellos. Podemos e imois facelo. E porque podemos e queremos, xuntos, imolo conseguir.
Vigo, 25 de xullo de 2007
O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez
Este bando foi redadactado por Dna. Elena Espinosa Mangana, Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación.