Vigo contará en 2012 cun novo hospital para unha área de 600.000 habitantes
mércores, 25 xul 2007Vigo contará en 2012 cun novo hospital para atender os 600.000 habitantes da súa Área Sanitaria. Disporá duns 135.000 m2 e máis de 1.400 camas e suporá un investimento de máis de 370 millóns de euros.
O Concello quere potenciar a Semana Caixanova do Atlántico
mércores, 25 xul 2007Santiago Domínguez adiantou este martes que este ano o Concello intensificará a súa colaboración coa Semana Caixanova do Atlántico a través de tres liñas de actuación: a promoción internacional desta regata, a realización de actividades culturais paralelas para toda a cidadanía e a potenciación da imaxe da regata dentro da propia cidade.
Ciclo de Cine ao Aire Libre e Festival "Voces de Vigo" no programa das Festas do Cristo da Victoria
mércores, 25 xul 2007Seguindo coa presentación das diversas actividades das Festas do Cristo da Victoria, o martes ten lugar en Castrelos a partir das 22:00 horas o Festival "Voces de Vigo", e o mércores 25 de xullo comezará o Ciclo de Cine ao Aire Libre "Realidade 07", que terá lugar ás 23:00 horas na Praza da Estrela.
Convocatoria pública para a designación do novo Xerente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
mércores, 25 xul 2007