Escoitar

O Concello quere potenciar a Semana Caixanova do Atlántico

Santiago Domínguez adiantou este martes que este ano o Concello intensificará a súa colaboración coa Semana Caixanova do Atlántico a través de tres liñas de actuación: a promoción internacional desta regata, a realización de actividades culturais paralelas para toda a cidadanía e a potenciación da imaxe da regata dentro da propia cidade.

martes, 24 xul 2007
"É importante que a cidade aproveite os eventos que a fan singular para promocionar a súa imaxe dentro e fóra", sinalou Domínguez este martes no Real Club Náutico, durante a presentación de Iberdrola como un dos grandes patrocinadores da Semana Caixanova do Atlántico, regata de nivel internacional que se celebrará en augas da ría de Vigo do 12 de outubro ao 4 de novembro.