Escoitar

Los Secretos e Nacha Pop xuntarán o xoves en Castrelos a varias xeracións

O concelleiro de cultura, Xesús López, presentou este luns no Concello o concerto de Los secretos e Nacha Pop, que terá lugar o vindeiro xoves 26 de xullo a partir das 22.30 horas no Auditorio de Castrelos.

luns, 23 xul 2007
1185192222nachapop230707.jpg
O Auditorio de Castrelos acollerá o vindeiro xoves 26 de xullo a dous dos mitos dos anos prodixiosos do pop español, Los Secretos e Nacha Pop. Este concerto permitirá que varias xeracións poidan reunirse e bailar ao son de cancións que dende hai anos son de todos e forman parte da memoria musical e histórica deste país, e que a pesar do transcurso de tempo, fan que estes dous grupos siguan a estar na cresta da ola.

Los Secretos, a pesar do seu longo percorrido, son unha banda atípica que fuxiu das modas para refuxiarse nun son propio, inimitable e atemporal. Conseguiu escribir algunhas das mellores cancións do pop español, como poden ser "Déjame" ou "Quiero beber hasta perder el control", que este xoves 26 recordarán para os vigueses en Castrelos. Por outra banda, Nacha Pop, coa súa xira "80-07", tamén revivará as súas cancións de sempre, como "Chica de ayer" ou "Ojos de gata", xunto a temas das súas experiencias en solitario máis catro novas cancións.

Todos aqueles que estean interesados en mercar as entradas para acceder á zona de pagamento poderán facelo por anticipado na web de Caixanova (www.caixanova.es), ou na Taquilla Telefónica Caixanova, no 902 504 500. O prezo é único, tanto para os que merquen a entrada anticipadamente como para os que prefiran obtela na Taquilla de Castrelos o mismo día do concerto, e será de 5 euros.

Xesús López, na rolda de prensa, non esqueceu agradecer a súa colaboración a todos os patrocinadores das Festas do Cristo da Victoria 2007, facendo especial mención a Caixanova.
Descargar todas as imaxes