Vigo contará con máis bidóns para a recollida de aceite usado
Desde outubro de 2006, Vigo é un dos concellos onde se realiza recollida de aceite usado para a súa reciclaxe. Neste período, a recollida veuse realizando mediante bidóns situados na súa maior parte en edificios de comunidades de veciños. A partir de agora tamén haberá bidóns nos supermercados do grupo Vegalsa-Eroski para que poidan colaborar os habitantes das vivendas unifamiliares.
Os bidóns, de 55 litros de capacidade, serán colocados nos mencionados supermercados para que os veciños depositen neles o aceite usado para fritir nos seus fogares. Unha vez cheos de aceite, os bidóns serán recollidos e reemprazados por bidóns baleiros por PMA Nutrigas, quen se encargará de someter o líquido a un proceso de filtrado e refinado para obter biodiésel.
O biodiésel é un carburante para automóbiles utilizado xa no transporte urbano de Vigo e en varios vehículos do parque municipal, e que contamina menos que outros carburantes porque non produce emisións de xofre e porque se degrada máis rapidamente. O seu uso está a ser promocionado pola Comisión Europea co obxectivo de atinxir unha penetración do 5,75% en 2008 e do 8% en 2020, especialmente no transporte público e no de mercadorías.
Desde o comezo da recollida de aceite usado en Vigo, en outubro de 2006, Nutrigas recibiu máis de 1.000 chamadas demandando este servizo, das cales algo máis de 500 corresponden a comunidades de veciños. Estas comunidades contan xa con cando menos un bidón. Segundo estimacións da propia empresa, unha comunidade media de 20 vivendas tarda de dous meses e medio a tres meses en encher un bidón de aceite. De acordo cos mesmos cálculos, unha familia media de catro membros produce de catro a cinco litros de aceite usado en dúas semanas.
Ata o de agora, PMA Nutrigas recolleu aproximadamente unha tonelada de aceite usado en Vigo, que deste xeito non acabou contaminando os ríos do termo municipal nin a ría.
A ampliación desta iniciativa foi presentada este venres no Concello pola concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, nun acto que contou coa presenza dos representantes da empresa PMA Nutrigas, Arancha Mañas, e de Vegonsa-Eroski, Ricardo Castro.
Descargar todas as imaxes