A Oficina Municipal de Rehabilitación recibe da Xunta unha subvención de 60.000 euros
O tenente de alcalde e concellerio de Cascos Históricos, Santiago Domínguez, asinou este venres en Santiago un convenio coa conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, para o financiamento da Oficina Municipal de Rehabilitación. A subvención, que acada os 60.000 euros, permitirá, segundo Santiago Domínguez, impulsar o traballo que xa se vén facendo nesta oficina de información, asesoramento e incentivación das actuacións nas áreas de rehabilitación.
Concretamente, a mencionada achega contribuirá a asumir os gastos de mantemento e persoal encargado de xestionar as axudas públicas que reciben os particulares.
O tenente de alcalde salientou a importancia da colaboración institucional entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Vigo para desenvolver iniciativas que, como a Oficina de Rehabilitación, se dirixan á rehabilitación integral dos nosos casos históricos, tanto a do Casco Vello como a do Casco Histórico de Bouzas. Neste senso, Santiago Domínguez reiterou que o seu obxectivo será conseguir neste mandato a recuperación tanto urbana como social dos nosos cascos históricos. "Temos que aproveitar ao máximo a aposta que desde a Consellería de Vivenda se está facendo para que, agora si, fagamos realidade a súa posta en valor. A súa colaboración vai ser fundamental para darlle un pulo ás actuacións que temos planificadas en Bouzas e no Casco Vello", sinalou.
Santiago Domínguez lembrou que nestes momentos a Consellería de Vivenda destina algo máis de 1,4 millóns de euros á rehabilización de vivendas incluidas nas áreas de rehabilitación do Casco Histórico de Bouzas e do Casco Vello. En total estas axudas afectan a 286 vivendas.
Prevención de drogodependencias
Por outra banda, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinou tamén este venres en Santiago un convenio de cofinanciamento coa conselleira de Sanidade, María José Rubio, para programas de prevención e incorporación social de drogodependencias, así como de tratamento de drogodependentes.
No mesmo acto presentáronse os programas de prevención de drogodependencias, nos que se inclúen os programas Sísifo, Alternativa, Acais, Creative, Itaca e o de seguimento e atención de persoas excarceradas.
Descargar todas as imaxes