A Festa do Mexillón de Castrelos ofrecerá aos vigueses 3.000 kilos deste molusco
O Parque de Castrelos acollerá o vindeiro domingo, 22 de xullo, a tradicional Festa do Mexillón, que cada ano organiza a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" co patricinio da Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
A festa arrincará ás 10:30 da mañá, hora na que os asistentes poderán comezar a degustar os mexillóns, e terá unha duración de catro horas aproximadamente. Ás 13:00 horas está prevista a lectura do pregón por parte de Xosé Lourido, presidente da Asociación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Seguidamente á lectura, o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, entregará o Mexillón de Ouro ao Liceo Marítimo de Bouzas, como homenaxe no seu centanario.
Todo aquel que se achegue a Castrelos non só poderá degustar mexillón ao vapor, senon tamén dentro de 400 kilos de empanada e todo isto acompañado con centenares de litros de viño.
O prezo da ración, tanto de mexillóns como de empanada, será de dous euros. As botellas de viño venderanse a catro euros.