Escoitar

O Festival Aéreo de Vigo celébrase este domingo

O ceo da praia de Sami será este domingo escenario de espectaculares acrobacias coa celebración do Festival Aéreo de Vigo 2007. Entre as presenzas destacadas, as da Patrulla Águila española, a do Eurofighter (caza de combate insignia da OTAN), e as visitas de patrullas de Portugal e Francia e do piloto acrobático turco Ali Ortzuk.

venres, 20 xul 2007
1184933420eurofighter.jpeg
Eurofighter
A exhibición aérea desenvolverase o domingo a partir das 10.00 horas (ver programa).

Como presenzas adicionais no Festival Aéreo de Vigo, estarán o autobús de relacións públicas da Armada; un helicóptero Super Puma do Exército do Aire, en estática; stands de venda de artigos relacionados coa aeronáutica, e os xefes de Estado Maior Portugués e Español, xunto con diversas autoridades civís.

O calendario do Festival iniciarase os días 20 e 21 de xullo cos adestramentos dos participantes. O mesmo sábado 21, El Corte Inglés ofrecerá unha gala na que se entregarán os premios "Aviador Piñeiro", á Patrulla Águila, por ser os mellores embaixadores aeoronáuticos de España no mundo; e "Joaquín Loriga", ao Museo Aeronáutico e Astronáutico Español, pola difusión e conservación da cultura aeronáutica española ao longo da súa historia.

Máis información na páxina web do Festival.
Descargar todas as imaxes