O alcalde sinala a importancia de potenciar a Cidade do Mar como centro de investigación
A reforma dos centros educativos de Vigo, o novo edificio no que se establecerá a Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD), e o impulso da Cidade do Mar foron os principais temas da reunión que mantiveron este luns en Santiago o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón.
Neste senso, Abel Caballero salientou a "enorme cantidade de recursos" que se están dedicando este ano á reforma e mellora das instalacións educativas viguesas, o que permitirá que a principios de curso "estean rematadas as obras que son necesarias". A Consellería de Educación investiu no que vai de ano máis de 1,6 millóns de euros en obras nos centros deste Concello, e ten previsto achegar máis de 500.000 euros máis ata o final de 2007 para este concepto.
O alcalde de Vigo indicou que en setembro se presentará publicamente a primeira fase do proxecto de novo edificio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, con sede en Vigo. Abel Caballero destacou que este proxecto, que se construirá en tres fases, "ten unha grande dimensión cultural e educativa", pois trátase dunha "escola con grande arraigo e un nivel certamente excepcional", ao tempo que indicou que "poñer en funcionamento a obra do establecemento definitivo desta escola vai ser un elemento de potenciación do polígono de Navia".
Cidade do Mar
Logo da xuntanza coa máxima responsable da Administración educativa galega, o alcalde referiuse á Cidade do Mar como un "proxecto estrela para Vigo". Así, Abel Caballero salientou que "nós temos unha visión absolutamente proclive ao establecemento da Cidade do Mar, a que constitúa un centro de investigación de rango mundial", e polo tanto "temos todo o empeño en que se chegue rapidamente a acordos entre as institucións con Zona Franca".
Deste xeito, o alcalde de Vigo indicou que "o Concello ofrécese para actuar de elemento dinamizador deste proxecto", sinalando que lle darán "a máxima premura para poder comezar a sacar os concursos a principios do ano que vén".
Por outra banda, Abel Caballero salientou que durante a xuntanza coa conselleira de Educación se acordou "potenciar moito no ámbito público os conservatorios de música de Vigo".
Na reunión de Santiago tamén estiveron presentes o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia (SUG), Rogelio Conde-Pumpido; e a concelleira de Educación de Vigo, Laura López Atrio.