Caballero aposta por unha industria conserveira máis competitiva
O alcalde, Abel Caballero, apostou este venres pola potenciación da competitividade e do liderado internacional da industria conserveira galega, durante a presentación do Plan Estratéxico 2007-2013 para este sector na sede de ANFACO en Vigo.
Entre os factores que deben permitir o posicionamento do sector fronte á competencia dos países emerxentes nos próximos anos, Caballero mencionou a aposta por produtos de maior valor engadido, o fortalecemento da estrutura produtiva da industria, a cooperación sectorial desenvolvida a través de organizacións como ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos), a consolidación da posición internacional do sector e a potenciación da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, todo isto de acordo cun modelo de produción substentable.
Cidade do Mar
O acto de presentación do Plan Estratéxico da Industria Conserveira contou coa presenza, entre outras personalidades, da conselleira de Pesca, Carmen Gallego, así como do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen anunciou que en setembro se asinará o convenio entre a administración autonómica e o Ministerio de Educacion para iniciar o proxecto da Cidade do Mar.
Descargar todas as imaxes