O alcalde entrega outros 24 diplomas a alumnos do Proxecto Actívate
O alcalde, Abel Caballero, entregou este venres os diplomas acreditativos da formación recibida aos alumnos dos itinerarios de inserción laboral como auxiliares de axuda a domicilio e operarios/as de lavandería do Proxecto Actívate, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e Emprego.
Acompañado polo concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor Rodríguez, o alcalde presidiu no CITIC (Centro Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación) o acto no que os beneficiarios/as que participaron en dous dos itinerarios de inserción laboral do Proxecto Actívate recibiron o diploma que acredita a formación específica recibida ao longo dos pasados meses.
Destas persoas, 24 en total, 14 delas formáronse como "auxiliares de axuda a domicilio", e outras 10 como "operarios/as de lavandería". Todas elas forman parte dun colectivo de 83 desempregados e desempregadas de Vigo que desde xuño de 2006 participan como beneficiarios/as das accións que Actívate está a levar ao cabo para mellorar a súa empregabilidade e posterior inserción no mercado de traballo.
Ademais destes 2 cursos, o proxecto desenvolveu outros catro itinerarios de inserción laboral nos que se realizou formación específica como "experto/a en limpeza", "axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios", "condutor/a-monitor/a de transporte escolar e adaptado" e "teleoperador/a", e dos que xa foron entregados os diplomas no mes de marzo deste ano.
Destas 83 persoas, 70 (casi o 85 %) son mulleres, colectivo prioritario dentro do Plan Municipal de Emprego 2004-2007, e 13 son homes. O proxecto tamén prioriza a participación de demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo pola súa pertenza a colectivos en situación ou en risco de exclusión social, polo que 65 deles (78,31%) son persoas con escaseza de recursos, discapacitados/as, mulleres vítimas de violencia doméstica, inmigrantes, persoas de etnias desfavorecidas ou ex-toxicómanos.
Nestes momentos 34 destas persoas xa acadaron a súa integración laboral (40,96 %) a través dun contrato de traballo. Ademais, desde o Proxecto seguirase a traballar ata novembro deste ano para lograr o obxectivo do 50%.
Os itinerarios de inserción laboral desenvoltos contemplaron, ademais de módulos de formación específica e complementaria, módulos de práctica laboral, titorizada, co obxectivo de que as persoas beneficiarias completasen o proceso formativo cun contacto real co ambiente de traballo en entidades ou empresas relacionadas cos ámbitos de formación aos que se refiren estes itinerarios. Así, foron 21 as entidades ou empresas da cidade coas que se asinaron convenios de colaboración.
Este proxecto é unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo, integrada no Plan municipal de Emprego 2004-2007, e subvencionada polo Ministerio de Administracións Públicas no marco do Programa Operativo de Fomento de Emprego a través da Subvención Global do Fondo Social Europeo.