O "Cidade de Vigo" de tenis feminino dispútase en Samil
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou este venres no Concello o VI Torneo Internacional de tenis Feminino "Cidade de Vigo"-II Copa Caixanova, que terá lugar no Complexo Deportivo de Samil desde o venres 27 de xullo até o domingo 5 de agosto.
Vigo será estes días o escenario no que os novos valores do tenis feminino ofrecerán un dos mellores espectáculos deportivos do verán. O VI Torneo Internacional de Tenis Feminino "Cidade de Vigo"-II Copa Caixanova ofrecerá a posibilidade de gozar dun tenis de alto nivel e coñecer unha serie de deportistas que poderían chegar a ser grandes figuras do tenis mundial.
Neste evento, que constitúe unha aposta pola promoción do tenis feminino e un apoio para as tenistas galegas, participarán preto dun centenar de xogadoras, algunhas delas con ránkings desde o 150 mundial. Este torneo dispútase na categoría de absoluto feminino, nas modalidades de individuais, do 28 ao 30 de xullo, e de dobres, do 1 ao 4 de agosto.
O tenente de alcalde recordou que este torneo é o máis antigo de Galiza nesta modalidade deportiva e animou os colaboradores a seguir traballando nesa liña e a seguir apostando polo deporte feminino e polo deporte de base. Ademais, Domínguez agradeceu aos patrocinadores a súa colaboración, especialmente a Caixanova, principal patrocinadora desta actividade que persegue a plena integración da muller no deporte e o fomento do deporte feminino.
Tamén fixo especial mención o tenente de alcalde á Federación Galega de Tenis, que celebrará o seu 85º aniversario cun acto durante o torneo, e á Fundación Deporte Galego, xa que, xunto con outros colaboradores, fai posible este torneo.
Descargar todas as imaxes