Escoitar

Última semana para a devolución das entradas do concerto de Paulina Rubio

A devolución das entradas do concerto de Paulina Rubio no Auditorio de Castrelos de Vigo do pasado 22 de xullo, cancelado a causa dun temporal, poderá efectuarse até o vindeiro venres, día 3 de agosto.

luns, 30 xul 2007
Para facilitar o proceso, Caixanova está a colaborar coa Concellaría de Animación Sociocultural na devolución do importe das localidades mercadas anticipadamente nas súas canles de venda (Taquilla Telefónica e Internet). As localidades vendidas na Central de Espectáculos reembólsanse nesta oficina, no 26 da rúa Velázquez Moreno.

A rede de sucursais de Caixanova está a realizar a recollida das localidades dende o pasado 24 de xullo, entregando un recibo ao cliente e enviando as entradas, xunto cunha copia dese recibo, ao Servizo de Venda de Localidades Caixanova, departamento que aboará o seu diñeiro aos que mercaron as entradas, unha vez recibidas.

Pódese solicitar máis información chamando aos números 902 504 500 ou 986 120 078 de Caixanova ou no 986 435 410 da Central de Espectáculos.