A Mancomunidade conta con nova xerente
Na reunión da Comisión da Mancomunidade celebrada este martes no Concello de Vigo acordouse o nomeamento da nova xerente deste organismo: Erika Jaráiz Gulías.
Este nomeamento foi aceptado por unanimidade por todos os asistentes á xuntanza. Cesa polo tanto no cargo o anterior xerente: Norman Pérez Sánchez-Orozco.
Asistiron á convocatoria os alcaldes dos Concellos de Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela, Fornelos e Vigo.
Ademais do punto do día referente á xerencia da Mancomunidade, o alcalde de Vigo e os asistentes intercambiaron opinións sobre a implantación da Área Metropolitana. Abel Caballero emprazou os diferentes alcaldes para reunións oficiais a partir de setembro para tratar este tema.