Escoitar

A exhibición de Buques da Armada, unha nova proposta de atractivo turístico<br />

O alcalde saudou este martes os oficiais dos tres dragaminas da Armada británica ("Shoreham", "Walney" e "Hurworth") que desembarcaron no porto de Vigo na mesma mañá e que teñen prevista a súa saída o venres 3 de agosto.

martes, 31 xul 2007
Na xuntanza que Abel Caballero mantivo cos oficiais dos buques do Reino Unido, amosou o seu desexo de realizar unha exhibición de buques da Armada na cidade de Vigo para que poidan ser visitados. Esta proposta non é únicamente para un maior coñecemento da navegación, senón tamén como un atractivo para a cidade.

Esta iniciativa pretende ser un reclamo turístico como xa o é a Exhibición Áerea que ten lugar en Vigo dende hai anos.

Reunión coa CIG

Por outra banda, o alcalde reuniuse co Secretario Comarcal da CIG en Vigo, Xerardo Abraldes. Nesta xuntanza, Abel Caballero recordoulle a Abraldes que dende o Concello van tratar de que non falte entendemento e ofreceulle cooperación para un diálogo aberto.