Santiago Domínguez e Jesús Paz mostran a súa vontade de colaboración
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, mantivo este martes co presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, un encontro que serviu para que ambos manifestasen a súa vontade de colaboración no referente á relación entre o Porto e a cidade.
Á saída da reunión, que tivo lugar na sede da Autoridade Portuaria, Santiago Domínguez afirmou sentirse "tremendamente satisfeito", xa que, segundo asegurou, Jesús Paz demostrou ter "moi claro que a cidade e o Porto teñen que ir da man".
Neste sentido, o tenente de alcalde salientou a necesidade de planificar o desenvolvemento do Porto partindo do consenso entre a Autoridade Portuaria e o Concello e respectando ao mesmo tempo o medio ambiente.
Santiago Domínguez resaltou o clima de bo entendemento presente na reunión, así como a vontade de chegar a acordos manifestada por ambas as partes, que polo de agora, segundo indicou, non implica ningún pronunciamento concreto sobre aspectos como o crecemento e a ordenación do Porto.
O tenente de alcalde e o presidente da Autoridade Portuaria acordaron manter reunións periódicas no futuro, así como o intercambio de información "fluído e continuo" entre o Porto e o Concello.
Descargar todas as imaxes