A Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO permanecerá aberta en agosto
A Biblioteca–Centro de Documentación do MARCO, por primeira vez na súa historia, abrirá ao público no mes de agosto co seu horario habitual, de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. O acceso durante este mes será pola entrada principal do museo.
Exposición Bibliográfica
Ata o vindeiro mes de setembro poderase consultar na biblioteca a exposición bibliográfica "O retrato na fotografía contemporánea", unha selección de catálogos de fotografía, co retrato como eixe argumental. Esta actividade complementa a mostra "Retratos doutro século" situada no primeiro andar, achegando un contraste entre os retratos do século XX e a actualidade deste xénero na fotografía contemporánea. Entre os artistas seleccionados atópanse Alberto García–Alix, Nan Goldin, Pierre et Giles, Jean-Baptiste Mondino, Tracey Moffatt, Andrés Serrano, Cindy Sherman e Erwin Olaf, entre outros.
Servizos
Os fondos da biblioteca abranguen aspectos da arte como a teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos e coleccións. O corpo principal da biblioteca está formado por monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos. Para tomarlle o pulso á actualidade, a biblioteca conta cun servizo de hemeroteca de revistas especializadas de arte, deseño e cultura contemporánea, e unha selección de fondos audiovisuais. Esta oferta documental complétase co libre acceso a Internet a través de oito equipos informáticos ou por medio da rede wifi.
Outra das posibilidades é a consulta a través da web do MARCO, onde se pode ampliar a información sobre o funcionamento da biblioteca e consultar o catálogo en liña. Así mesmo, calquera persoa interesada pode facerse socio da biblioteca, de maneira igualmente gratuíta, e gozar de vantaxes como o envío de dous boletíns informativos a través do correo electrónico: un relativo ás novidades e actividades que se desenvolven no MARCO, e outro que recolle distintas convocatorias (cursos, xornadas, premios...) relacionadas coa arte a nivel autonómico, estatal e internacional.