Comportamento cívico de Vigo coa Cow Parade
O concelleiro de Cultura, Xesús López, xunto co director do Museo Verbum, Lois Cea, e o director da exposición Cow Parade, Mario Ubiaga, presentaron hoxe mércores no Concello a recta final da Cow Parade e a publicación dun libro coa recopilación de todas as vacas que Vigo acolleu nas súas rúas.
Ó longo dos últimos oito anos, centenares de vacas deron vida a diferentes centros urbáns de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nueva York, Sydney ou Londres, entre outras. En abril de 2007 a Cow Parade acércase a Vigo para encher de cor as nosas rúas e para promocionar aos artistas noveis da cidade. Emprazadas en grandes aceras, prazas e xardíns, as vacas convírtense nun espectáculo de primeira magnitude.
A partir deste mes poderemos seguir vendo as vacas no museo Verbum. A exposición chagará ao seu fin, neste mesmo lugar, no mes de setembro, onde se levará a cabo unha gran subasta de calidade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.
Tanto o concelleiro de Cultura, como o director do Verbum e mailo director da exposición Cow Parade, coinciron en resaltar o comportamento cívico que Vigo e mailos seus turistas tiveron coa exposición, xa que non houbo ningún problema nin de secuestros, como pasou en Barcelona ou en Lisboa, nin de queima das vacas, como ocorreu en Italia. Como premio a esta conducta cidadá, os responsables da Cow Parade decidiron alargala e mantela na cidade un mes e medio máis, polo que será a cidade do mundo que máis tempo vai ter as vacas na rúa.
Como recordo desta exposición porase á venda por internet un libro coa recopilación de todas as vacas que adornaron a nosa cidade. Isto será a partir da semán que ven e o seu prezo oscilará entre os 20 e 30 euros. Ademáis da venda deste novo libro, o director do Verbun, Lois Cea, anunciou que haberá máis sorpresas en relación a esta exposición e que serán anunciadas máis adiante.
Descargar todas as imaxes