Santiago Domínguez anuncia unha "nova etapa" para os servizos sociais de Vigo
A Comisión de Seguimento do protocolo entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reuniuse este mércores en Vigo para realizar unha primeira toma de contacto co estado da colaboración entre ambas as institucións.
Asistiron á xuntanza o tenente de alcalde, Santiago Domínguez; a concelleira de Benestar Social, María Méndez; a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso; Antón Losada, secretario xeral de Relacións Institucionais; María Jesús Lago, secretaria xeral de Benestar, e Lois Pérez Castrillo, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Finalizado o encontro, Santiago Domínguez afirmou estar "convencido" de que "se inicia unha nova etapa no concernente aos servizos sociais no Concello de Vigo". Neste sentido, o tenente de alcalde asegurou que "nos vindeiros anos" a cidade olívica "vai ser un gran referente en políticas sociais e de igualdade" en Galicia, con iniciativas pioneiras a nivel de todo o Estado.
Así, Domínguez anunciou que durante este mes de xullo ou a principios de agosto van comezar as obras do primeiro centro especializado no tratamento de Alzheimer en Vigo. A construción deste centro, que estará situado na Casa do Mar, executarase nun prazo de cinco meses e contará cun orzamento de 350.000 euros. Ofrecerá 40 prazas para persoas enfermas de Alzheimer e soporte asistencial para os seus familiares.
Por outra parte, o tenente de alcalde adiantou que en 2007 estarán rematados os proxectos de construción de tres galescolas no Parque Tecnolócico e Loxístico de Valadares, en Navia e na rúa O Grove, así como dun novo centro de día nesa mesma rúa. Os terreos para estas infraestruturas están xa a disposición da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Santiago Domínguez indicou, ademais, que nos próximos días "teremos grandes noticias para esta cidade" en relación á "tan demandada" residencia asistida para persoas maiores.
Segundo sinalou a secretaria xeral de Benestar, María Jesús Lago, a realización das iniciativas mencionadas suporá unha achega de un millón de euros por parte da Xunta. Ademais, no marco do Plan Concertado de Servizos Sociais, a administración autonómica investirá en Vigo 1.800.0000 euros máis. Esta cantidade destinarase ao financiamento de servizos como o de axuda no fogar (800.000 euros) e á mellora da atención e equipamentos dirixidos a todos os colectivos sociais.
Descargar todas as imaxes