Vacacións en paz en Vigo para os nenos saharauis
Os nenos e nenas saharauis que pasan as súas vacacións en Vigo e as familias que os acollen foron recibidos este martes no Concello polo tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e as concelleiras María Méndez e Iolanda Veloso.
Desde hai anos, o Concello de Vigo vén colaborando coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui no seu proxecto "Vacacións en paz", que trata de posibilitar o desprazamento de nenos e nenas saharauis desde os campamentos de refuxiados de Tindouf á nosa cidade, onde son acollidos por familias viguesas durante os meses de xullo e agosto.
Algúns dos obxectivos que se pretenden conseguir con esta iniciativa son facilitarlles asistencia médica a estes nenos e nenas, ofertarlles unha alternativa de ocio e tempo libre e sensibilizar a poboación viguesa sobre a situación do pobo saharaui.
Este ano, a Concellería de Benestar Social financia o desprazamento de 30 nenos e nenas. En total viaxan a Vigo 49 menores.
Descargar todas as imaxes