Escoitar

Santi Domínguez inaugurou a sala Breogain, un espazo aberto ás diferentes propostas artísticas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Mocidade, Iolanda Veloso, inauguraron hoxe luns a sala "Breogain", un novo espazo cultural no que terán cabida un grande número de propostas artísticas diferentes como concertos, exposicións, monólogos, teatro ou proxeccións. A sala forma parte do complexo musical Areamaster, situado na estrada de Camposancos e que leva máis de 15 anos no sector da producción musical.

luns, 16 xul 2007
Santi Domínguez salientou a importancia que ten para unha cidade como Vigo contar con novos espazos que permitan favorecer a proxección cultural e dar saída as inquedanzas artísticas dos vigueses e as viguesas. O tenente de alcalde estuda xa a posibilidade de poder traballar desde o Concello en colaboración con esta sala para poñer en marcha novas iniciativas neste campo.

A sala "Breogain" terá abertas as súas portas dende as 9 da mañá ata a 1 da madrugada entre semana e ata as 3 da madrugada os fins de semana. Ademais o complexo de Areamaster conta con 10 locais de ensaio, un estudo de grabación, outro de dobraxe no que tamén se fan cursos e unha escola de música e danza.