Aprobada a proposta de persoal eventual para Alcaldía e para os grupos do PP e PSdeG-PSOE
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a proposta do alcalde, Abel Caballero, referente ao persoal eventual da Alcaldía e dos grupos municipais do PP e do PSdeG-PSOE, así como a delegación de competencias nos concelleiros delegados e demais delegados.
A Alcaldía terá adscritas tres persoas que obstentarán a condición de persoal eventual: un xefe de Gabinete, unha xefa de Prensa e un/ha secretario/a particular.
En canto aos grupos políticos, o PP contará con seis asesores e catro auxiliares administrativos, mentres que o PSdeG-PSOE terá tres asesores e tres auxiliares administrativos. O grupo municipal do BNG, pola súa parte, ten adscritos dous asesores e dous auxiliares administrativos, segundo acordou a Xunta de Goberno a semana pasada.
Ademais, na súa reunión deste luns, a Xunta de Goberno decidiu delegar un conxunto de competencias e funcións propias nos concelleiros de área e nos demais delegados, co fin de axilizar expedientes e procedementos.
Aparcadoiro da Praza Elíptica
Por outra parte, o Goberno local aprobou a revisión das tarifas do aparcadoiro da Praza Elíptica, fixándoas nos seguintes importes:
- Prezo da hora: 1,19 euros
- Penalidade por perda de tícket: 10,17 euros
- Aboamento mensual: 85,27 euros
- Aboamento en horario de oficina: 65,14 euros
De acordo coa Leis 40/2002 de contrato do aparcadoiro e 44/2006 de 29 de decembro de mellora da protección dos consumidores e usuarios, a partir do 1 de setembro a tarifa pasará a pagarse por minutos, quedando establecida na cantidade de 0,02 euros por unidade de tempo.
As tarifas aprobadas este luns substituirán as establecidas polo Pleno da Corporación o 28 de xuño de 2001, que eran estas:
- Prezo da hora: 164 pesetas (0,99 euros)
- Penalidade por perda de tícket: 1.409 pts (8,47 euros)
- Aboamento mensual: 11.815 (71 euros)
- Aboamento en horario de oficina: 9.025 (54,24 euros)
Subestación eléctrica no Castro
Así mesmo, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo ao proxecto de execución presentado por Unión Fenosa para construír e instalar unha subestación eléctrica para tensión de 132/15 Kv nos terreos de dominio público municipal do monte do Castro.
Descargar todas as imaxes