Arctic Monkeys, prato forte das Festas do Cristo da Vitoria
As Festas do Cristo da Vitoria 2007 acollerán o vindeiro xoves 19 de xullo no Auditorio de Castrelos a actuación estelar dos británicos Arctic Monkeys. O concerto empezará ás 22.30 horas co grupo Mendetz, unha das formacións de máis proxección do país, como teloneiros.
Tras o pistoletazo de saída das Festas do Cristo da Vitoria con Julieta Venegas, chegan a Vigo os Arctic Monkeys, que se darán cita no Auditorio de Castrelos o vindeiro xoves 19 de xullo a partir da 22.30 horas. O prezo das entradas para acceder á zona de pagamento é de 12 euros en venda anticipada e de 15 euros no despacho de entradas do Auditorio de Castrelos. As entradas anticipadas poden mercarse na web de Caixanova, www.caixanova.es, ou na súa Taquilla Telefónica, chamando aos teléfonos 986 110 500 e 902 504 500.
O grupo británico será teloneado por Mendetz, unha formación consolidada na primeira división da escena independente nacional que pasou de ser unha promesa a unha incontestable realidade. Este cuarteto barcelonés é aplaudido pola crítica e acollido con entusiasmo por unha audiencia sedenta de novas sensacións.
A continuación subirán ao escenario de Castrelos os Arctic Monkeys, unha banda de indie rock procedente de High Green, un barrio de Sheffield (Inglaterra). As raíces da banda no norte de Inglaterra son salientadas a miúdo como elemento clave do estilo do grupo. Os Arctic Monkeys teñen sido etiquetados como os Libertines do Norte. O seu sonido único e as súas letras presentan un realismo social e observacións á vida da clase traballadora, o que os levou a ser comparados con outras bandas como Blur, Pulp ou The Streets. O "fenómeno Arctic Monkeys" e a súa precocidade traspasa o musical, facendo que os compoñentes da banda teñan sido portada de publicacións como "The Economist" ou "The Times".
Nos seus concertos, o grupo é máis coñecido polo seu contundente directo e por deixar participar aos fans con pomposos efectos luminosos, pirotecnia ou outros efectos especiais. A pesar da súa corta idade, os Arctic Monkeys estiveron nominados entre os mellores directos do ano en numerosos medios especializados. Isto permitiulles actuar nos festivais máis importantes de Europa e ser este ano scabeza de cartel nos escenarios máis prestixiosos: Coachella, Glastonbury, Fib...
A actuación que esta banda dará na cidade de Vigo, xunto á súa presencia como cabezas de cartel no Festival Internacional de Benicàssim, será a única que farán en España este verán, dentro dunha xira mundial que os levará aos Estados Unidos, Tailandia, Xapón e Australia, entre outros países.
Descargar todas as imaxes