O Pleno aproba os nomeamentos e retribucións dos corporativos
A nova Corporación municipal celebrou a primeira sesión convocada con carácter extraordinario na que se deu conta da constitución dos grupos políticos municipais, dos nomeamentos do tenente de alcalde e dos membros da Xunta de Goberno Local, de delegación de atribucións en concelleiros e representantes nos organismos autónomos municipais, no museo "Quiñones de León, na Mancomunidade e nos padroados de fundacións e entidades públicas.
O pleno aprobou a creación e composición das comisións informativas de Xestión Municipal; Servizos Xerais; Emprego e Participación Cidadá; Medio Ambiente; Mobilidade; Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico , e de Asuntos Sociais.
Outro acordo plenario foi distribuir entre os distintos grupos políticos municipais os dez membros da Corporación que constituirán xunto co alcalde, que ostenta a presidencia, os órganos rectores dos Consellos de Goberno dos seguintes Organismos Autónomos Municipais: Xerencia Municipal de Urbanismo; Parque Natural das Ciencias-Vigozoo; Instituto Municipal de Deportes e Escola de Artes e Oficios. A distribución é de 5 concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular; 3 concelleiros/as do grupo municipal do PSdG-PSOE e 2 concelleiros/as do grupo municipal do BNG.
No referente á determinación dos cargos con dedicación exclusiva e as correspondentes retribucións anuais acordouse os seguintes cargos da Corporación: alcalde ( 70.168,42 euros ); tenente de alcalde ( 67.559,75 euros); catro concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (64.559,75 euros); catro concelleiros/as do grupo municipal socialista ( 64.559,75 euros); e tres concelleiros/as do grupo municipal do BNG ( 64.559,75 euros).
Realizarán as súas funcións en réxime de dedicación parcial 4 concelleiros do PSdG-PSOE e 2 do BNG cunha retribución anual de 32.279,88. Nove concelleiros do grupo municipal do Partido Popular cunha retribución anual de 15.695,28 euros.
Polo que se refire ás dotacións económicas anuais dos grupos políticos municipais o pleno acordou dotar de 42.829,93 ao grupo municipal do PP; de 32.980,17 ao grupo socialista e de 23.130,41 ao grupo do BNG.
O Pleno do Concello de Vigo realizará sesións ordinarias tódolos luns non festivos de cada mes.